15 colectivos xa confirmaron o seu apoio ao I ENCONTRO SOCIAL GALEGO

ACTUALIZACIÓN (3/11/11). Coa adhesión de ATTAC-XEG Galicia, Verdegaia, Nova Escola Galega e mais do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, xa son 19 os colectivos con presenza confirmada.

Hoxe, luns 31 de outubro, recibíronse dúas novas adhesións, o que eleva a 15 o número de colectivos participantes (e co-organizadores, xa que se trata dunha autoconvocatoria). Nas próximas 48 horas, esperamos que ese número aumente considerablemente. O que é seguro é que este sábado realizaremos o I ENCONTRO SOCIAL GALEGO cunha nómina ampla, diversa e plural de participantes.

* 15-M A Coruña
* 15-M Monforte
* 15-M Ourense
* 15-M Pontevedra
* 15-M Ribadeo
* Amarante Setem
* ATTAC XEG - Galicia
* Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia
* Coop 57
* Democracia Real Xa
* Estado do Malestar
* Foro Galego de Inmigración
* Iniciativa BenComún
* Mesas de Converxencia
* Nova Escola Galega
* Plataforma de Afectados pola Hipoteca
* Seminario Galego de Educación para a Paz
* Verdegaia
* Zocamiñoca Consumo Consciente
Advertisements
Publicado en eventos | Deixar un comentario

Persoas e colectivos destinatarios

A convocatoria do I Encontro Social Galego faise de xeito aberto a todas as persoas interesadas en participar, pero obviamente aquelas que xa están organizadas en colectivos son un público potencial a ser tido moi en consideración. Especificamente, desexaríamos contar coa participación das persoas xa organizadas en colectivos como os seguintes:

  • asociacións, plataformas e colectivos que participan activamente no 15-M;
  • asociacións cidadás (veciñais, culturais, ambientais, pacifistas, feministas, de parados, de dereitos humanos, de consumidores e usuarios, de doentes…);
  • plataformas de defensa dos servizos públicos;
  • centrais sindicais e sindicatos sectoriais;
  • organizacións non gobernamentais (ONGs);
  • cooperativas de servizos e de consumo;
  • colectivos de usuarios de plataformas tecnolóxicas,
  • centros sociais;
  • entidades de asistencia social;
  • plataformas universitarias;
  • colexios profesionais.

Perseguimos a implicación e participación activa das asociacións con implantación en toda Galicia, pero tamén daquelas de abranxencia local ou comarcal que desenvolven un traballo activo no seu ámbito.

Publicado en eventos | Deixar un comentario

Horarios e estrutura dos debates

ACTUALIZACIÓN (1/11/11). Foi introducida unha corrección no horario vespertino.

Mañá

  • 10:30 – Apertura. Distribución dos participantes nos grupos de traballo estabelecidos.
  • 11:00 – Debate nos grupos de traballo.
  • 12:30 – Debate conxunto en cada eixo temático. Aprobación das propostas que se levarán ao pleno.
  • 14:00 – Pausa para xantar.

Tarde

  • 16:00 – Debate das propostas do eixo 1.
  • 16:30 – Debate das propostas do eixo 2.
  • 17:00 – Debate das propostas do eixo 3.
  • 17:30 – Debate das propostas do eixo 4.
  • 18:00 – Debate das propostas do eixo 5.
  • 18:30 – Aprobación das conclusións.
  • 19:00 – Pausa para café.
  • 19:30 – Mesa-redonda con coloquio.
  • 21:00 – Clausura.
Publicado en eventos | Deixar un comentario

Temas de debate

Para a celebración do I Encontro Social Galego, proponse unha estrutura baseada en cinco eixos de debate, cada un dos cales agruparía dous grupos de traballo se o número de participantes así o aconsella.

  • Eixo 1: Participación cidadá e rexeneración democrática
    Grupos de traballo (só se constituirán se o nº de inscritos no eixo temático é maior de 20/25 persoas):

    1A – Partidos políticos, participación cidadá e goberno aberto
    1B – Como transformar o mundo desde a sociedade civil organizada

  • Eixo 2: Economía, facenda e cidadanía
    Grupos de traballo (só se constituirán se o nº de inscritos no eixo temático é maior de 20/25 persoas):

    2A – Reforma da política de impostos
    2B – Consumo, sustentabilidade e alternativas económicas

  • Eixo 3: Dereitos económicos e sociais
    Grupos de traballo (só se constituirán se o nº de inscritos no eixo temático é maior de 20/25 persoas):

    3A – Pilares do Estado de Benestar e dereitos civís: como mantelos, sostelos e amplialos
    3 B – Emprego, vivenda e territorio

  • Eixo 4: Comunicación e cultura
    Grupos de traballo (só se constituirán se o nº de inscritos no eixo temático é maior de 20/25 persoas):

    4A – Libre acceso, creación e difusión de cultura, arte e coñecemento
    4B – Comunicación como cimento da democracia: estado e propostas

  • Eixo 5: Accións, proxectos e mecanismos de coordinación
    Grupos de traballo (só se constituirán se o nº de inscritos no eixo temático é maior de 20/25 persoas):

    5A – Accións conxuntas e proxectos comúns
    5B – Mecanismos de coordinación estable do movemento 15-M en Galicia

Publicado en eventos | Deixar un comentario

I Encontro Social Galego: sábado 5 de novembro, en Teo

Desde unha serie de colectivos sociais, facemos un chamamento para realizarmos conxuntamente o I Encontro Social Galego, un foro que permita o coñecemento e o recoñecemento mutuos entre as organizacións que levan anos vertebrando ese espazo da sociedade civil e aquelas que emerxen en torno ao movemento que se inicia o 15-M. O inicio dun proceso de confluencia programática básica fronte á ofensiva neoliberal-conservadora, ben como a articulación de fórmulas de coordinación, serían outros obxectivos esenciais que xustifican a conveniencia dun encontro deste tipo.

A nosa é unha proposta aberta e que pretende abarcar toda a pluralidade que existe no ámbito dos movementos sociais en Galicia. É importante que este evento o construamos coa implicación e a participación de todas e todos. 

A data será o próximo sábado, día 5 de novembro, no concello de Teo. O luns, día 31, publicaremos o luagr exacto e o modo de chegar até el.

Desexamos contar coa vosa participación e coa dos colectivos, plataformas, asociacións e/ou organizacións en que tomades parte. A participación que pedimos pódese dar a varios niveis, aínda que obviamente o ideal é abarcalos todos:

  1. Realizar un chamamento público á participación no foro.
  2. Mobilizar a militancia/afiliación/base social respectiva para que participe.
  3. Enviar textos, proxectos e propostas para a súa discusión no foro.
  4. Colaborar na organización e na loxística do evento.
  5. Difundir a convocatoria (webs, blogs, boletíns, redes sociais…).
  6. Fornecer contactos doutras persoas/entidades interesadas en participar.
  7. Tocar os contactos nos medios de comunicación para despertar o seu interese e aumentar a cobertura informativa.
  8. Todos os demais xeitos que se vos ocorran.

E o máis impostante de todo, acudindo ao Encontro e participando na construción de novas redes de relacionamento, difusión e coordinación das iniciativas que surxen da sociedade galega.

Comunicamos que estamos a organizar unha ludoteca para os pais e nais que teñan que acudir con rapaces (é importante que confirmedes asistencia e tamén se podedes botar unha man na atención ás cativas e cativos).

Publicado en eventos | 1 comentario