I Encontro Social Galego: sábado 5 de novembro, en Teo

Desde unha serie de colectivos sociais, facemos un chamamento para realizarmos conxuntamente o I Encontro Social Galego, un foro que permita o coñecemento e o recoñecemento mutuos entre as organizacións que levan anos vertebrando ese espazo da sociedade civil e aquelas que emerxen en torno ao movemento que se inicia o 15-M. O inicio dun proceso de confluencia programática básica fronte á ofensiva neoliberal-conservadora, ben como a articulación de fórmulas de coordinación, serían outros obxectivos esenciais que xustifican a conveniencia dun encontro deste tipo.

A nosa é unha proposta aberta e que pretende abarcar toda a pluralidade que existe no ámbito dos movementos sociais en Galicia. É importante que este evento o construamos coa implicación e a participación de todas e todos. 

A data será o próximo sábado, día 5 de novembro, no concello de Teo. O luns, día 31, publicaremos o luagr exacto e o modo de chegar até el.

Desexamos contar coa vosa participación e coa dos colectivos, plataformas, asociacións e/ou organizacións en que tomades parte. A participación que pedimos pódese dar a varios niveis, aínda que obviamente o ideal é abarcalos todos:

  1. Realizar un chamamento público á participación no foro.
  2. Mobilizar a militancia/afiliación/base social respectiva para que participe.
  3. Enviar textos, proxectos e propostas para a súa discusión no foro.
  4. Colaborar na organización e na loxística do evento.
  5. Difundir a convocatoria (webs, blogs, boletíns, redes sociais…).
  6. Fornecer contactos doutras persoas/entidades interesadas en participar.
  7. Tocar os contactos nos medios de comunicación para despertar o seu interese e aumentar a cobertura informativa.
  8. Todos os demais xeitos que se vos ocorran.

E o máis impostante de todo, acudindo ao Encontro e participando na construción de novas redes de relacionamento, difusión e coordinación das iniciativas que surxen da sociedade galega.

Comunicamos que estamos a organizar unha ludoteca para os pais e nais que teñan que acudir con rapaces (é importante que confirmedes asistencia e tamén se podedes botar unha man na atención ás cativas e cativos).

Advertisements
Esta entrada foi publicada en eventos. Ligazón permanente.

One Response to I Encontro Social Galego: sábado 5 de novembro, en Teo

  1. Pingback: Primeiro Encontro Social Galego

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s